A gran galaxia espiral NGC 7424

Créditos da imaxe e copyright: SSRO-South (S. Mazlin, J. Harvey, D. Verschatse, R. Gilbert) e Kevin Ivarsen (UNC/CTIO/PROMPT)
Explicación: os brazos grandes e sinuosos son case hipnotizadores imaxe frontal de NGC 7424, unha galaxia espiral cunha barra central prominente. A uns 40 millóns de anos luz de distancia na constelación Grus que vai de cabeza, este universo illa tamén ten uns 100.000 anos luz de diámetro convertíndose en extraordinariamente semellante á nosa propia Vía Láctea. Ao longo dos seus brazos sinuosos poden atoparse moitos cúmulos brillantes de estrelas novas masivas. Os propios cúmulos estelares teñen varios centos de anos luz de diámetro. E mentres naces as estrelas masivas nos brazos de NGC 7424,  tamén morren alí. they also die there. En particular, esta galaxia albergou unha potente explosión estelar, a supernova SN 2001ig, que xa se atenuara moito antes de que se captase a imaxe superior.

O mellor do APOD 2012: descarga de balde o Calendario APOD 2013

Texto orixinal no APOD.