AE Aurigae e a nebulosa da estrela chameante

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh

Explicación: AE Aurigae é alcumada como Estrela Chameante. A nebulosa circundante IC 405 é nomeada como a nebulosa da Estrela Chameante e a rexión semella albergar fume, mais alí non hai lume. O lume, definido normalmente como unha rápida adquisición de osíxeno, ocorre soamente cando unha cantidade de osíxeno está presente e non é relevante en medios nos que hai alta enerxía e pouco osíxeno. O material que semella fume é maiormente hidróxeno interestelar, pero pode conter escuros filamentos de grans de poeira ricos en carbono semellantes ao fume. A brillante estrela AE Aurigae, visible preto do centro da nebulosa, é tan quente que é azul claro, emitindo unha luz tan enerxética que golpea os electróns dos átomos, lanzándoos ao gas circundante. Cando un átomo recaptura un electrón a luz emitida crea a nebulosa de emisión do arredor. Neste retrato cósmico a nebulosa da Estrela Chameante dista uns 1.500 anos luz de distancia, abranguindo preto de 5 anos luz, e é visible con un pequeno telescopio cara á constelación do Cocheiro (ou Auriga).

O mellor do APOD 2012: descarga de balde o Calendario APOD 2013

Texto orixinal no APOD.