Amencer en Tycho

Créditos: NASA / GSFC / Arizona State Univ. / Lunar Reconnaissance Orbiter
Explicación: o complexo do pico central do cráter Tycho proxecta unha longa e escura sombra preto do mencer local nesta espectacular paisaxe lunar. A espectacular imaxe oblicua gravouse o 10 de xuño de 2011 pola Lunar Reconnaissance Orbiter (“Orbitador de Recoñecemento Lunar”). Amosadas en detalle abraiante, as ladeiras estendidas dos penedos e as sombras abruptas aparecen na versión de maior resolución de 1,5 metros por píxel. O complexo escabroso ten uns 15 quilómetros de ancho, formado en elevación polo xigantesco impacto que creou o ben coñecido cráter de raios hai 100 millóns de anos. O cumio do seu pico central chega a 2 quilómetros por riba do chan do cráter Tycho.

Texto orixinal no APOD.