Os cúmulos estelares abertos M35 e NGC 2158


Créditos da imaxe e copyrightDieter Willasch (Astro-Cabinet)
Explicación: os cúmulos estelares abertos poden ser achegados ou afastados, novos ou vellos e difusos ou compactos. Atopados preto do plano da nosa galaxia Vía Láctea, conteñen de 100 a 10.000 estrelas, as cales se formaron todas aproximadamente ao mesmo tempo. As estrelas azuis e brillantes permiten distinguir a miúdo aos cúmulos máis novos. M35, máis enriba á esquerda, está relativamente próximo a 2.800 anos luz de distancia, relativamente mozo aos seus 150 millóns de anos de idade, e relativamente difuso, cunhas 2.500 estrelas espalladas sobre un volume de 30 anos luz de diámetro. Un cúmulo aberto máis vello e máis compacto, NGC 2158, está na parte inferior dereita. NGC 2158 está catro veces máis lonxe ca M35, é unhas 10 veces máis vello e moito máis compacto con moitas máis estrelas en máis ou menos o mesmo volume de espazo. As estrelas brillantes e azuis de NGC 2158 se auto-destruíron, deixando ao cúmulo alixeirado e dominado polas estrelas máis amarelas e vellas. Ámbolos dous cúmulos óllanse cara a constelación de Gemini.

Texto orixinal no APOD.