A lente gravitacional da Cruz de Einstein

Créditos da imaxe e copyright: J. Rhoads (Arizona State U.) et al., WIYN, AURA, NOAO, NSF

Explicación: a maioría das galaxias teñen un núcleo: ten esta catro? A estraña resposta leva a os astrónomos a concluir que o núcleo da galaxia circundante non é visible nesta imaxe. O trevo central é a luz emitida dende un quásar xusto detrás dela. O campo gravitacional da galaxia do primeiro plano rompe a luz visible dese lonxano quásar en catro imaxes diferentes. O quásar debe estar adecuadamente aliñado detrás do centro da galaxia masiva para que un espellismo como este sexa evidente. O efecto xeral é coñecido como lente gravitacional, e neste caso específico é coñecida como Cruz de Einstein. As estrañas imaxes da Cruz de Einstein varían o brillo relativo, realzado polo efecto adicional da microlente gravitacional das estrelas da galaxia en primeiro plano.

O mellor do APOD 2012: descarga de balde o Calendario APOD 2013

Texto orixinal no APOD.