Un cúmulo estelar dobre


Créditos da imaxe e copyright: F. Antonucci, M. Angelini, & F. Tagliani, ADARA Astrobrallo
Explicaicón: poucos cúmulos estelas se ven tan preto un do outro. Así, a 7.000 anos luz de distancia, este par de cúmulos de estrelas abertos ou galácticos é un sinxelo obxectivo para os binoculares, un encantador campo estelar na constelación setentrional Perseus. Tamén visible a simple vista desde áreas de ceos escuros, foi catalogado no ano 130 A.C. polo astrónomo grego Hipparchus. Coñecido agora coma h e chi Persei, oo NGC 869 (arriba á dereita) e NGC 884, os propios cúmulos están afastados por só uns poucos centenares de anos luz e conteñen estrelas moito máis novas e quentes có Sol. Ademais de estar fisicamente xuntos, as idades dos cúmulos calculadas basándose nas súas estrelas individuais son semellantes; evidencia de que probablemente ambos cúmulos foron produto da mesma rexión de formación estelar.

O mellor do APOD 2012: descarga de balde o Calendario APOD 2013

Texto orixinal no APOD.