NGC 6188 e NGC 6164


Créditos da imaxe e copyrightKfir Simon
Explicación: formas fantásticas vagan en nubes de gas hidróxeno brillante en NGC 6188, a unos 4.000 anos luz de distancia. A nebulosa de emisión atópase preto da fronteira dunha gran nube molecular que non se ve en lonxitudes de onda do visible, na constelación meridional Ara. As estrelas novas e masivas da asociación OB1 incrustada en Ara formáronse nesa rexión hai tan só uns poucos millóns de anos, esculpindo as formas escuras e alimentando o brillo nebular con ventos estelares e potente radiación ultravioleta. A propia formación estelar reciente probablemente se viu desencadeada polas explosións e os ventos de supernovas, a partires de xeracións previas de estrelas masivas que varreron e comprimiron o gas molecular. Neste lenzo cósmico, unido a NGC 6188, atópase a estraña nebulosa de emisión NGC 6164, tamén creada por unha das estrelas de tipo-O máis masivas da rexión. A abraiante envoltura simétrica e gasosa de NGC 6164, semellante en aparenza a moitas nebulosas planetarias, mailo tenue halo arrodean á súa brillante estrela central abaixo á dereita. O campo de visión abarca unhas dúas lúas cheas, que se corresponden a 70 anos luz á distancia estimada de NGC 6188.

O mellor do APOD 2012: descarga de balde o Calendario APOD 2013

Texto orixinal no APOD.