Makemake do Sistema Solar exterior

Créditos da ilustración: European Southern Observatory
Explicación: Makemake é un dos obxectos coñecidos máis grandes do Sistema Solar exterior. Este obxecto do cinto de Kuiper, que se pronuncia MAH-kay MAH-kay, ten uns dous terzos do tamaño de Plutón, orbita ao Sol só lixeiramente máis lonxe que Plutón e parece só un pouco máis tenue que Plutón. Porén, Makemake ten unha órbita moito máis inclinada con respecto do plano da ecliptica dos planetas ca Plutón. O orbe do Sistema Solar exterior, descuberto por un equipo liderado por Mike Brown (Caltech) en 2005, nomeouse oficialmente Makemake polo creador da humanidade na mitoloxía Rapa Nui da Illa de Pascua. En 2008, Makemake clasificouse coma unha planeta anano baixo a subcategoría plutoide, convertindo a Makemake no terceiro plutoide clasificado tras Plutón e Eris. Sábese que Makemake é un mundo dalgún xeito vermello en aparenza, con cores que indican que está probablemente cuberto con zonas irregulares de metano conxelado. Aínda non existen fotografías da superficie de Makemake, pero amosamos máis arriba unha ilustración do afastado mundo. A coidadosa vixilancia do descenso no brillo dunha estrela distante recentemente eclipsada por Makemake apunta a que o planeta anano ten unha pouca atmosfera.

Texto orixinal no APOD.