Híades para as vacacións

Créditos da imaxe e copyright: Jerry Lodriguss (Catching the Light)

Explicación: recoñecidas e representadas dende a antigüidade como o escudo de  Aquiles, de acordo con Homero, as estrelas do cúmulo de Híades forman a cabeza da constelación Taurus (o Touro). A súa forma xeral en V está ancorada por Aldebarán, o ollo do Touro e, de lonxe, a estrela máis brillante. De apariencia amarelenta, a xigante Aldebarán non é un membro do cúmulo de Híades. A astronomía moderna sitúa o cúmulo de Híades a 151 anos luz de distancia, polo que é o cúmulo aberto máis cercano, mentres que Aldebarán atópase a menos da metade da distancia na mesma liña de visión. Xunto as coloridas estrelas de Híades, este retrato estelar de vacacións coloca a Aldebarán xusto embaixo do centro, así como a outros cúmulo estelar aberto de Taurus, NGC 1647, á esqueda, preto de 2.000 anos luz, ou máis, no fondo. Soamente ten que pasar o cursor pola imaxe para identificar as estrelas. As estrelas centrais de Híades están espalladas por uns 15 anos luz. Formado hai uns 800 millóns de anos o o cúmulo das Híades podería ter compartido unha orixe copmún con M44 (Praesepe, o Berce), un cúmulo estelar aberto en Cancro Cancer, se nos baseamos no movemento a través do espazo e a idade notablemente similar de M44.

Texto orixinal no APOD.