Orión sobre El Castillo

Créditos da imaxe e copyrightStéphane Guisard (Los Cielos de AméricaTWAN)
Créditos: D. Flores e B. Pichardo (Inst. Astronomía UNAM), P. Sánchez e R. Nafate (INAH)
Explicación: benvidos ao solsticio de decembro, un día no que o mundo non rematará… incluso de acordo co calendario maia. Para celebralo, olla a esta fotografía espectacular de Orión erguéndose sobre El Castillo, a pirámide central de Chichén Itzá, un dos grandes centros maias da península do Yucatán. Tamén coñecida coma o Templo de Kukulkan ten 30 metros de altura e 55 metros de ancho na base. Construída mediante unha serie de terrazas cadradas pola civilación pre-colombina entre os séculos IX e XII, a estructura pode empregarse coma una calendarios e destacan as aliñacións astronómicas. De feito, os maias foron consumados astrónomos e matéticos, empregando de xeito preciso os movementos cíclicos das estrelas, o Sol, a Lúa e os planetas para medir e construír calendarios. Ollando ao través das nubes nesta paisaxe celeste nocturna, as estrelas da moderna constelación de Orión, o Cazador, representaban unha tartaruga no ceo maia. Tak sáamal.

Texto orixinal no APOD.