M33: a galaxia do Triángulo

Créditos da imaxe e copyrightRobert GendlerSubaru Telescope (NAOJ)
Datos da imaxe: Subaru Telescope, Robert Gendler, Brigham Young University Obs.Johannes Schedler
Explicación: a pequena constelación meridional de Triangulum alberga esta marabillosa galaxia espiral que se ve de fronte, M33. Os seus nomes populares inclúen a Galaxia da Tarabela ou só a Galaxia Triángulo. M33 ten uns 50.000 anos luz de diámetro, a terceira máis grande do Grupo Local Group de galaxias por tras da Galaxia Andrómeda (M31) e a nosa propia Vía Láctea. A uns 3 millóns de anos luz desde a Vía Láctea, pénsase que a propia M33 é unha satálite da Galaxia Andrómeda e os astrónomos destas dúas galaxias probablemente teñan unhas vistas espectaculares dos sistemas estelares da outra gran espiral. Esta definida imaxe composta, un mosaico de 25 paneis, tal e como se ve desde o planeta Terra, fachendea ben dos cúmulos de estrelas azuis de M33 e as rexións de formación estelar rosadas que perfilan os brazos espirais abertamente ligados da galaxia. De feito a cavernosa NGC 604 é a rexión de formación estelar máis brillante, que se ve aquí máis ou menos na posición da 1 desde o centro da galaxia. Coma M31, a poboación de  M33 de estrelas variables que se mediron con precisión axudaron a facer desta espiral achegada un estándar cósmico para o establecemento da escala de distancias do Universo.
Texto orixinal no APOD.