Un piar solar sobre Suecia

Créditos da imaxe e copyright: Göran Strand
Explicación: algunha vez ollaches un piar solar? Cando o aire está frío e o Sol está a saír ou se está a poñer, cristais de xeo que caen poden reflectir a luz solar e crear unha estraña columna de luz. Ás veces, o xeo forma cristais aplanados de seis facianas mentres cae desde nubes moi elevadas. A resistencia do aire provoca que estes cristais sexa case planos moito deste tempo mentres voan ata o chan. A luz do Sol reflíctese nos cristais que están aliñados axeitadamente, creando o efecto de piar solar. Na fotografía superior, realizada a semana pasada, un piar solar reflicte a luz do Sol colocado sobre Östersund (Suecia).

Texto orixinal no APOD.