NGC 604: gardería estelar xigante

Créditos da imaxe: Hubble Legacy ArchiveESANASAProcesado – Donald Waid
Explicación: as estrelas nacen ás veces no medio do caos. Hai uns 3 millóns de anos, na veciña galaxia de M33, unha gran nube de gas pariu densos nódulos internos que colapsaron gravitacionalmente para formar estrelas. Porén, NGC 604 era tan grande que podería formar as suficientes estrelas para crear un cúmulo globular. Moitas das estrelas desta nube son visibles na fotografía superior do Telescopio Espacial Hubble, xunto co que queda da nube de gas inicial. Algunhas estrelas eran tan masivas que xa evolucionaron e estouparon nunha supernova. As estrelas máis brillantes que restan emiten luz tan potente que crear unha das nubes máis grandes do gas hidróxeno ionizado coñecida, comparable á Nebulosa Tarántula da veciña achega á nosa Vía Láctea, a Gran Nube de Magallanes.

Texto orixinal no APOD.