No centro do vórtice do polo norte de Saturno

Créditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech/Space Science Institute
Explicación: que está a pasar no polo norte de Saturno? Un vórtice de nubes estrañas e complexas en remuíño. O centro deste vórtice fotografouse polo miúdo como nunca antes a semana pasada pola sonda espacial robótica Cassini que orbita Saturno. Estas nubes están no centro do infrecuente sistema de nubes hexagonal que arrodea o polo norte de Saturno. O polo norte de Saturno precesou cara a luz solar xusto hai uns poucos anos, coa Cassini realizando só imaxes en infraverrmellos da rexión previamente en sombras. A fotografía superior está en bruto e sen procesado e está a ser preparada para a súa publicación en 2013. Varias fotografías semellantes da zona se condensaron recentemente nunha película. Os científicos planetarios están certos de continuar a estudiar a formación de nubes máis estraña durante bastante tempo.

Texto orixinal no APOD.