Gegenschein sobre Chile

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (ESO)

Explicación: É a noite máis escura en dirección oposta ao Sol? Non. De feito, No. De feito, un feble resplandor raramente discernible coñecido como gegenschein (en alemán, ‘brillo de oposición‘) pode ollarse 180 graos ao redor do Sol nun ceo extremadamente escuro. O gegenschein é luz solar espallada por pequenas partículas de poeira interplanetaria. Esas partículas de pó son gráns dun tamaño milimétrico procedentes dos asteroides e orbitan no plano da eclíptica dos planetas. Fotografado enriba en outubro de 2008 óllase unha das fotografías máis espectaculares do gegenschein tiradas ata o de agora. Aquí unha exposición profunda dun ceo extremadamente escuro sobre o Paranal Observatory en Chile mostra o gegenschein con tanta claridade que é incluso visible o seu resplandor circundante. No primeiro plano atópanse varios Very Large Telescopes [Telercopios Moi Grandes] do European Southern Observatory, mentres que no fondo hai varios obxectos salientables como a galaxia de Andrómeda cara á parte inferior esquerdae o cúmulo estelar das Pléiades xusto por enriba do horizonte. O gegenschein distínguese da luz zodiacal preto do Sol polo alto ángulo de reflexión. Durante o día, o fenómeno semellante ao gegenschein chamado gloria pode ollarse na reflexión do aire ou das nubes opostas ao Sol dende un avión.

Texto orixinal no APOD.