Norte de Mercurio

Créditos: NASA / JHU Applied Physics Lab / Carnegie Inst. Washington

Explicación: Mercurio, o planeta máis interior, podería non ser unha boa ubicación para uns xogos olímpicos inteplanetarios. Pero os novos resultados baseados nos datos procedentes da MESSENGER, que orbita Mercurio, indican que ten cantidades sustanciais de auga xeada nas rexións de sombra permanente no interior dos cráteres preto do polo norte. A posibilidade de xeo en Mercurio foi considerada durante anos, inspirada polo descubrimento de rexións altamente reflectantes ao radar preto do polo norte. Resaltadas en amarelo no mapa a partir da proxección das imaxes da MESSENGER, as rexións reflectantes ao radar correspóndense co chan e as paredes dos cráteres de impacto do polo norte. Máis alá do polo as rexións concéntranse na cara norte das paredes do cráter. A espectrografía de neutróns da MESSENGER e os modelos térmicos dos cráteres indican que o material nesas rexións teñen un contido en hidróxeno consistente con auga case pura atrapados en zonas con temperaturas que permanecen por embaixo dos 100 graos kelvin (-280 grados F, -173 graos Celsius). Ao mesmo que respecto das sombras permanentes nos cráteres da Lúa, pénsase que o xeo en Mercurio é producto dos impactos de cometas.

Texto orixinal no APOD.