Súper Lúa contra micro Lúa

 Créditos da imaxe e copyrightCatalin Paduraru
Explicación: viches a Lúa chea grande, brillante e fermosa da noite do mércores? Realmente era unha micro Lúa! Nesa noite, a Lúa chea máis pequena de 2012 chegou á súa fase completa só unhas 4 horas antes do apoxeo, o punto de maior distancia desde a Terra na órbita elíptica da Lúa. Por suposto, anteriormente neste ano, o 6 de maio, unha súper Lúa chea estaba preto do perixeo, o punto máis achegado na súa órbita. O tamaño aparente relativo da micro Lúa do 28 de novembro (dereita) compárase co da famosa súper Lúa do 6 de maio nestes dous paneis, emparellendo imaxes de telescopio desde Bucarest, Romania. A diferenza no tamaño aparente representa unha diferenza na distancia xusto por baixo dos 50.000 quilómetros entre o apoxeo e o perixeo, dada a distancia media da Lúa duns 385.000 quilómetros. Canto terás que agardar para ver outra micro Lúa chea? Ata o 16 de xaneiro de 2014, cando a fase lunar chea ocorrerá a unhas 3 horas do apoxeo.

Texto orixinal no APOD.