Xúpiter e Ío

Créditos da imaxe e copyrightAlessandro Bianconi
Explicación: o 3 de decembro (TU), Xúpiter, o planeta máis grande do sistema solar, estará en oposición, oposto ao Sol no ceo do planeta Terra, brillando con toda intensidade e aparecendo mentres o Sol se pon. Esa configuración resulta na aproximación máis achegada de Xúpiter case unha vez ao ano ao planeta Terra. Por iso, preto da oposición o xigante de gas ofrece aos telescopios terrestres vistas abraiantes da súa atmósfera tormentosa de bandas, así como das grandes lúas galineanas. Por exemplo, esta definida serie foi tomada na noite do 16/17 de novembro desde a illa da Sardeña preto de Dolianova, Italia. O norte está arriba nas imaxes que salientan a famosa Gran Mancha Vermella de Xúpiter e os cintos escuros e as zonas claras que cinguen ao planeta. Tamén se ve a volcánica lúa Ío en tránsito de Xúpiter, a súa sombra escura e redonda atravesando os cumios das nubes xupiterianas mentres a secuencia avanza de esquerda a dereita.

Texto orixinal no APOD.