O brillante Xúpiter en Taurus


Mirar a explicación. Ao mover o cursor sobre a imaxe conseguerás ver unha versión anotada. Premento na imaxe aparecerá a maior resolución dispoñible.

Créditos da imaxe e copyrightTunç Tezel (TWAN)
Explicación: esa estrela brillante que tes ollado recentemente erguéndose xusto tralo solpor non é para nada unha estrela. É Xúpiter, o xigante gasoso que reina no sistema solar. O brillante Xúpiter está preto da súa oposición do 3 de decembro cando se atopará en Taurus, oposto ao Sol no ceo do planeta Terra. Claramente máis brillante cá amarelenta Aldebarán, a estrela alfa de Taurus, Xúpiter esté centrado nesta imaxe do ceo do 14 de novembro, que tamén amosa os cúmulos estelares das Pléiades e as Hyades, familiares vistas celestes no entanto se achega o inverno ao hemisferio setentrional. Esvarando o teu cursor sobre a imaxe etiquetarás a escena e indentificarás outros dous mundos do sistema solar que se achegan á súa oposición en decembro. O asteroide Vesta, pequeno e feble, e o planeta anano Ceres están a uns 10 graos de Xúpiter, preto do bordo esquerdo do cadro. Por suposto, podes imaxinar á nave espacial Dawn da NASA neste campo de vista. Deixando Vesta á esquerda en setembro, o motor iónico da Dawn a conduce agora a un ritmo constante ata chegar á órbita de Ceres, estando programado que chegue alí en febrero de 2015.

Texto orixinal no APOD.