NGC 1365: unha maxestuosa espiral cunha supernova

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh

Explicación: a galaxia espiral barrada NGC 1365 é verdadeiramente un maxestuoso universo illa que abrangue uns 200.000 anos luz. Situada a tan só uns 60 millóns de anos luz de distancia cara á química constelación de Fornax, NGC 1365 é un notable membro do ben estudado cúmulo galáctico Fornax. Esta ben definida imaxe en cor mostra intensas rexións de formación estelar nos extremos da barra e ao longo dos brazos da espiral, e detalles de carreiros de poeira cortando o brillante núcleo da galaxia. Nese núcleo hai un burato negro supermasivo. Os astrónomos pensan que a notable barra de NGC 1365 xoga un papel crucial na evolución da galaxia, nas conformacións de gas e poeira na voráxine de formación estelar e en última instancia nas achegas de material cara o burato negro central. Indicada na NGC 1365 aparece situada a brillante supernova descuberta o 27 de outubro. Catalogada como SN2012fr, a supernova, de tipo Ia, é o estoupido dunha estrela anana blanca.

Texto orixinal no APOD.