A nebulosa da Pipa

Créditos da imaxe e copyrightYuri Beletsky (Las Campanas ObservatoryCarnegie Institution for Science)
Explicación: ao leste de Antares, as manchas escuras espállanse ao través de campos ateigados de estrelas cara o centro da nosa galaxia Vía Láctea. Catalogadas a primeiros do siglo XX polo astrónomo E. E. Barnard, as nubes de po interestelar escurecedor inclúen B59, B72, B77 e B78, vistas de perfil contra o fondo estrelado. Aquí, a súa forma global suxire a boquilla e a cazoleta dunha pipa, polo que o nome popular da escura nebulosa é a Nebulosa da Pipa. A fonda e estensa imaxe representa case 24 horas de tempo de exposición captadas nos escurísimos ceos do chileno deserto de Atacama. Cobre un campo completo de 10 por 10 graos na pronunciable constelación de Ophiuchus. A Nebulosa da Pipa forma parte do complexo de nubes escuras de Ophiuchus situado a unha distancia duns 450 anos luz. Os densos núcleos de gas e po do interior da Nebulosa da Pipa está a colapsar para formar estrelas.

Texto orixinal no APOD.