A noite da longa leónida

Créditos da imaxe e copyrightStéphane Vetter (Nuits sacrees)
Explicación: un gran cósmico de area deixou un longo e colorido ronsel ao través desta vista completa do ceo. O seu impacto a rentes da atmosfera da Terra comezou a 71 quilómetros por segundo. A escena, coa Vía Láctea estendéndose de horizonte a horizonte, captouse na noite do 17 de novembro desde a elevada meseta, moi popular para os astrónomos, de Champ du Feu en Alsacia (Francia). Naturalmente, o meteoro rasante da terra pertence á chuvia de meteoros das leónidas deste mes, producida cando o noso fermoso planeta varre ao través do po da cola do cometa periódico Tempel-Tuttle. O punto radiante da chuvia na constelación de Leo está moi preto do horizonte leste, preto do comezo do ronsel na parte inferior esquerda. O planeta brillante Xúpiter tamén é fácil de atopar, inmerso nunha tenue franxa de luz zodiacal xusto por baixo e á dereita do centro. A imaxe é parte dun espectacular vídeo en time-lapse (aquí en vimeo) que comezaba só 7 minutos antes de que a longa leónida cruzara o ceo.

Texto orixinal no APOD.