Anel de diamantes e franxas de sombra

Créditos da imaxe e copyrightStephen Mudge
Explicación: mentres a fase total da eclipse solar da semana pasada chegaba ao seu final, a luz solar que fluía pasando polo limbo da Lúa creaba a aparencia fugaz dun refulxente anel de diamantes no ceo. E mentres a maioría dos observadores de eclipses non tiñan ás nubes como unha visión benvida, unha ollada ao través das finas nubes ao norte de Cairns e Queensland (Australia) desvelou tamén estas abraiantes franxas de sombra escintilantes. As franxas, proxectadas sobre a capa de nubes, son paralelas ao lisco da luz solar emerxente. As estreitas franxas, provocadas pola turbulencia da atmósfera da Terra ao refractar o lisco de luz solar, captáronse nesta breve exposición de 1/1000 segundos.

Texto orixinal no APOD.