Un halo arredor da Lúa

Créditos da imaxe e copyrightAnthony Ayiomamitis (TWAN)
Explicación: viches algunha vez un halo arredor da Lúa? Esta vista bastante común ocorre cando nubes altas e finas conteñen millóns de cristais de xeo miúdos cobren gran parte do ceo. Cada cristal de xeo actúa coma unha lente en miniatura. Debido que a maioría dos cristais teñen unha forma semellante hexagonal alongada, a luz entra por unha das facianas do cristal e sae ao través da faciana oposta refractándose 22 graos, que corresponden ao radio do halo da Lúa. Un halo solar semellante pode verse durante o día. A localización da fotografía superior é San Sebastián de Atenas (Grecia). O afastado planeta Xúpiter aparece por casualidade á esquerda do halo. A forma exacta na que se forman os cristais de xeo nas nubes aínda segue baixo investigación.

Texto orixinal no APOD.