Leónidas sobre Monument Valley

Créditos da imaxe e copyright: Sean M. Sabatini
Explicación: qué sucede no ceo, sobre o Monument Valley? Unha choiva de meteoros. A fin de semana pasada chegou ao seu punto álxido a choiva de meteoros das Leónidas. Actualmente o pico das Leónidas é a mediados de novembro. A imaxe superior (en realidade, unha composición de seis exposicións de 30 segundos cada unha) foi tirada en 2001, un ano no que houbo un máximo de actividade da choiva das Leónidas. Nese momento a Terra móvese ao través dunha nube particularmente mesta escombros do tamaño de grans de area procedentes do Cometa Tempel-Tuttle,  polo que o promedio de meteoros aproximouse a un por segundo. Os meteoros de enriba semellan paralelos porque caen todos dende o mesmo radiante de meteoros, un punto do ceo cara á constelación do León (Leo). Ainda que o pico máximo das Leónidas deste ano xa rematou, ainda durante a semana que ven poderá ollarse unha abundancia de Leónidas. Por certo: cantos meteoros podes identificar na imaxe de enriba?

Texto orixinal no APOD.