As estrelas masivas da catedral NGC 6357

Créditos da imaxe: NASA, ESA and J. M. Apellániz (IAA, Spain)

Explicación: canto de masiva pode chegar a ser una estrela normal?  As estimacións realizadas a partir da distancia, o brillo e os modelos solares estandarizados asignaran o récord a unha estrela que hai no cúmulo aberto Pismis 24, con máus de 200 veces a masa do noso Sol. Esta estrela é o obxecto máis brillante que se atopa xusto enriba da parte dianteira do gas na imaxe superior. Unha inspección polo miúdo das imaxes tiradas polo Hubble Space Telescope [Telescopio Espacial Hubble], sen embargo, demostraron que Pismis 24-1 ten esa luminosidade non por unha soa estrela, senon por polo menos tres. As estrelas compoñentes teñen preto de 100 masas solares, polo que se atopan entre as estrelas máis masivas que se coñecen. Cara á parte inferior da imaxe óllase cómo na nebulosa asociada de emisión NGC 6357 ainda están a ser formar estrelas. Semellante  unha catedral gótica, as estrelas enerxéticas do centro semellan estoupar iluminando un espectacular casulo.

Texto orixinal no APOD.