Coma un diamante no ceo

Créditos da imaxe e copyrightAlex Cherney (TerrastroTWAN)
Explicación: un escuro Sol penduraba sobre Queensland, Australia, na mañá do mércores durante unha eclipse solar total previsto con moita anticipación. As nubes de tormenta ameazaron con estragar a súa visión ao longo da costa setentrional, pero uns minutos antes da totalidade as nubes abriron. Os últimos raios directos da luz solar, saíndo en tropel polo limbo da Lúa, produciron un marabilloso efecto de anel de diamantes nesta escena desde a Praia Ellis, entre Cairns e Port Douglas. Apagándose nun intre, o diamante non durou para sempre. A zona fundiuse na escuridade durante dous minutos aproximadamente mentres a sombra da Lúa varría a costa cara a Gran Barreira de Coral de Australia e penetraba no Pacífico meridional. Cinco exposicións diferentes, cunha duración de entre 1/4000 e 1/15 segundos, combináronse na fotografía para crear unha presentación similar á impresionante experiencia visual da eclipse.

Texto orixinal no APOD.