A secuencia da sombra lunar

Créditos da imaxe e copyrightBen Cooper (Launch Photography)
Explicación: na mañá do 14 de novembro, a sombra umbral da Lúa atravesou o norte de Australia antes de dirixirse cara o Pacífico meridional. Captada desde un cumio a unhas 30 millas ao oeste da cidade interior de Mount Carbine, Queensland, unha seie de exposicións segue o progreso da eclipse total de Sol nesta espectacular imaxe composta. A secuencia comeza preto do horizonte. A Lúa invade paseniñamente a faciana avermellada do Sol, erguéndose mentres a eclipse progresa. Na fase de totalidade, que dura 2 minutos para esa localidade, unha coroa solar que outras veces é tenue reloce ao redor do disco eclipsado. Gravada durante a totalidade, a exposición do fondo amosa un ceo aínda alumeado pola luz solar preto do horizonte, xusto máis alá dun ceo escurecido pola sombra da Lúa.

Texto orixinal no APOD.