Eclipse solar sobre Queensland

Créditos da imaxe e copyright: Phil Hart
Explicación: a Lúa nova deste mes trouxo unha eclipse total de Sol nalgures do planeta Terra o 13 de novembro (TU). A maior parte da ruta da eclipses totais caeun ao través do Pacífico meridional, pero a escyra sombra umbral da Lúa empezou a súa viaxe na Australia setentrional o mércores pola mañá, hora local. Este fotograma feito cun telescopio, dunha zona da ruta, capta a silueta da Lúa nos ceos sobre Queensland ao longo da autoestrada Mulligan, ao oeste de Port Douglas. O disco do Sol,  case cuberto por completo, pode verse aínda arrodeado por un indicio da tenue coroa solar. As prominencias, do tamaño dun planeta, esténdense sobre o activo limbo soalr. O fluír da luz solar ao través dos saltos do perfil rugoso do limbo solar crea as brillantes pero efímeras Pérolas de Baily.

Texto orixinal no APOD.