A nosa historia nun minuto


Créditos do vídeo e copyright: MelodySheepSymphony of Science, John Boswell; Créditos da música: Our Story
Explicación: poderías contar a historia da existencia humana nun minuto? Este emocionante vídeo escolma e xunta múltiples fragmentos promocionais nun intento de facer iso. E axústase á musica. Descrito brevemente, desde o inicio ao final, hai unha animación artística do Big Bang, unha viaxe ao través do universo temperán, a formación da Terra e a Lúa, a aparición da vida pluricelular e as plantas, o xurdimento de réptiles e dinosaurios, o golpe devastador dun meteoro, a aparición de mamíferos e humanos e, finalmente, a aparición da civilización moderna. A película dun minuto remata cun pasada aérea por un moderno rañaceos e un humano parado no cumio dunha montaña cuberta de neve. O vídeo superior é o último do proxecto Sinfonía de Ciencia.

Texto orixinal no APOD.