Unha colcha de eclipse solar

Créditos e copyright: Sherry Winkelman (CXC)
Explicación: algunhas persoas inspíranse tanto polas eclipses solares que fan colchas de retallos. Enriba aparece fotografado o resultado téxtil dunha de semellantes inspiracións. A colcha de 38 x 38 polgadas ofrece as impresións dunha eclipse anular total, cando a Lúa está demasiado afastada da Terra como para cubrir o Sol por completo, atestemuñado en España en outubro de 2005. Porén, hoxe ocorrerá unha eclipse solar total completa, aínda que só será visible para os cazadores de eclipses e aos que viven nunha fina franxa de Australia. Durante uns poucos minutos, os que estean preto do centro do camiño da eclipse ollarán ao Sol bloqueado por completo pola Lúa, provocando que o día se faga estrañamente escuro. Xusto antes, e xusto despois, acontece a totalidade, a luz solar pode fluír entre as montañas do limbo lunar creando un efecto de anel de diamantes. A vindeira eclipse total de Sol ocorrerá en novembro de 2013.

Texto orixinal no APOD.