Un meteoro e un arco de Lúa sobre a fervenza de Wallaman

Créditos da imaxe e copyright: Thierry Legault

Explicación: qué cousa corta o teu alento en primeiro lugar neste amplo panorama do ceo e a terra? Compiten con forza entre si unha cascada, un meteoro, un campo de estrelas e incluso un arco de Lúa, competindo todos pola atención. É interesante notar primeiro, sen embargo, o que non se pode ver: unha Lúa saíndo do outro lado da cámara. A Lúa brillante non só ilumina esta fermosa paisaxe en Queensland, Australia no pasado xuño, senon que tamén crea un fermoso arco de Lúa que se olla fronte as fervenza de Wallaman. Xusto sobre a cresta na imaxe superior hai unha franxa horizontal procedente de un avión. Na parte superior do encadre hai un ronsel descendente procedente dun meteoro brillante, unha pequena rocha procedente do noso Sistema Solar que que encéndese ao entrar na atmósfera da Terra. Moito máis aló do meteoro hai unha morea de estrelas brillantes e nebulosas vistas en dirección ao centro da nosa galaxia. Finalmente, lonxe ao fondo, atópase a banda da nosa galaxia Vía Láctea, recorrendo diagonalmente dende a parte inferior esquerda á superior dereita na imaxe, pero que en realidade circunvala o ceo enteiro.

Texto orixinal no APOD.