Galaxia anular polar NGC 660

Créditos da imaxe: Gemini Observatory, AURA, Travis Rector (Univ. Alaska Anchorage)

Explicación: nesta instantánea cósmica preséntase a NGC 660, unha ben feitiña composición de datos de imaxe de banda ancha e estreita procedentes do telescopio Gemini North en Mauna Kea. A máis de 20 millóns de anos luz e mergullado dentro dos límites da constelación de Piscis, a peculiar apariencia de NGC 660 a define como unha galaxia anular polar. Un raro tipo de galaxia, as galaxias anulares polares teñen unha notable poboación de estrelas, poeira e gas orbitando en aneis case perpendiculares ao plano do disco galáctico. A configuración de aspecto extrano pode ter sido causado pola captura casual de material procedente dunha galaxia que pasou preto do disco galáctico, de xeito que, co tempo, os restos quedaron inseridos nun anel xiratorio. A violenta interacción gravitatoria explicaría a morea de de rexións de formación estelar espalladas ao longo do anel da NGC 660. O anel polar pode ser empregado para explorar a forma do invisible halo de materia escura da galaxia por medio do cálculo da influencia gravitatoria da materia escura na rotación do anel e do disco. Os bordos do anel de NGC 660, máis grandes que o disco, abrabguen máis de 50.000 anos luz.

Texto orixinal no APOD.