Melotte 15 no corazón

Créditos da imaxe e copyrightStefano CancelliPaul Mortfield
Explicación: as nubes cósmicas semellan tomar formas fantásticas na zona central da nebulosa de emisión IC 1805. Evidentemente, as nubes son esculpidas polos ventos estelares e a radiación procedente de estrelas quentes e masivas no cúmulo estelar recén nacido da nebulosa, Melotte 15. Cuns únicos 1,5 millóns de idade, as estrelas do cúmulo están cara á dereita desta paisaxe celeste chea de cor, xunto coas nubes de po escuras perfiladas contra o gas atómico brillante. A imaxe, unha composición de imaxes telescópicas de banda estreita e ancha, abarca uns 30 anos luz e inclúe a emisión do hidróxeno en verde, do xofre en vermello e do osíxeno en tons azuis. Imaxes de campo máis ancho desvelan que o perfil xeral e máis simple de IC 1805 suxire o seu nome popular: a Nebulosa Corazón. IC 1805 atópase a uns 7.500 anos luz de distancia cara a constelación Cassiopeia.

Texto orixinal no APOD.