Arp 188 e a cola do cágado

Créditos da imaxe: Hubble Legacy ArchiveESANASAprocesado – Bill Snyder (Heavens Mirror Observatory)
Explicación: nesta impresionante imaxe, baseada en datos procedentes do Hubble Legacy Archive, as galaxias distantes forman un fondo espectacular para a distorsionada galaxia espiral Arp 188, a Galaxia do Cágado. O cágado cósmico está a uns simples 420 millóns de anos luz de distancia cara a constelación setentrional Draco. A súa rechamagueira cola ten uns 280 miles de anos luz de longa e característicos cúmulos de estrelas azuis, brillantes e masivas. Unha historia conta que unha galaxia intrusa máis compacta cruzou por diante de Arp 188, desde a dereita é esquerda nesta imaxe, e ficou pendurada ao redor e por tras do Cágado pola súa atracción gravitatoria. Durante o estreito encontro, as forzas de marea alongaron as estrelas da galaxia espiral, o gas mailo po formando a espectacular cola. A propia galaxia intrusa, que se estima está a uns 300 milleiros de anos luz por tras do Cágado, pode verse ao través dos brazos espirais máis arriba á esquerda. Ao igual có seu homónimo terrestre, a Galaxia do Cágado probablemente perderá a súa cola mentres medra e se fai maior, formando os cúmulos estelares da cola satélites máis pequenas da gran galaxia espiral.
Texto orixinal no APOD.