Supertormenta Sandy desde a súa formación ata que toca costa


Créditos da imaxe: NASA, Satélite GOES-13
Explicación: foi o furacán máis grande nunca antes gravado no Océano Atlántico. O custe da súa devastación aínda se descoñece. A imaxe superior é unha película da Supertormenta Sandy realizada polo satélite GOES-13 que orbita a Terra durante oito día o pasado outubro, mentres o furacán se formaba, gañaba forza, avanzaba ao través do Caribe, subía polo Océano Atlántico ao longo da costa leste dos EE. UU., fixo un estraño xiro ao oeste, tomou terra en New Jersey, xirou ao norte por Pennsylvania e despois disolveurse movéndose ao norleste polo norte dos EE.UU. e Canadá. Aínda que os ventos de Sandy foron rápidos e periogosos, quizais foi aínda máis danoso a tormenta que se ergueu desde a auga e segiu pola terra diante de Sandy, unha oleada que inundou moitas áreas costeirasrúas e partes do sistema de metro da cidade de New York. Abarcando uns 1.500 quilómetros, os estados dos EE.UU. do afastado oeste coma experimentaron partes da tormenta. Aínda que o furacán Sandy se podería ter formado en case calquera momento, aumentan as preocupacións polo feito de que tormentas grandes coma Sandy poidan facerse máis comúns se a auga do Atlántico continúa a avanzar no sentido de aumentar a temperatura superficial.

Texto orixinal no APOD.