Metone: lúa con forma de ovo liso de Saturno

Crédios da imaxe: Cassini Imaging TeamISSJPLESANASA
Explicación: por que esta lúa ten a forma dun ovo liso? A nave espacial robótica Cassini completou o seu primeiro sobrevoo nunca antes feito pola pequena lúa de Saturno Methone en maio e descubriu que a lúa non tiña cráteres aparentes. Os cráteres, normalmente provocados por impactos, olláranse en toda lúaasteroide e núcleo cometario algunha vez fotografado con detalle; ata o de agora. Incluso a Terra e Titán teñen cráteres. A suavidade e forma ovoide da lúa de tres quilómetros de diámetro poderían deberse a que superficie de Methone é quen de variar; algo que ocorrería se a lúa estivera cuberta por unha profunda morea de escombros que non se distinguen. Se fose así, os obxectos máis semellantes no noso Sistema Solar incluirían as lúas de Saturno TelestoPandora e Calypso, así coma o asteriode Itokawa, todos os cales amosan seccións que son estrañamente suaves. Mesmo así, Methone non carece por completo de accidentes xa que algunhas partes superficiais aparecen máis escuras que outras. Aínda que os sobrevoos de Methone son difíciles, o interese pola natureza e a historia desta rara lúa seguro que continuará. Texto orixinal no APOD.