A lúa de Saturno, Dione, cunha pouca cor

Créditos da imaxe: NASA, JPL, SSI, ESA; procesado: Marc Canale

Explicación: por que unha metade de Dione ten máis cráteres cá outra? Pense para comezar no feito de que a lúa de Saturno Dione ten unha faciana que sempre mira cara Saturno, e a outra mira cara fóra. Iso é semellante á Lúa da Terra. Este acoplamento de maré significa que unha cara de Dione sempre vai por diante a medida que a súa órbita progresa, mentres que a outra sempre vai rezagada. Dione debería ter un número significativo de impactos na súa cara exposta ao exterior. Pero estranamente a metade exterior de Dione ten menos cráteres cá outra. A explicación máis aceptada é que algún impacto, que formou un cráter, foi tan forte que moveu a Dione, cambiando de sitio a metade que sufriu o maior número de impactos antes de que o xiro da lúa voltase a quedar acoplado. A detallada imaxe de enriba de Dione, que destaca sutiles matices da lúa, é un mosaico paseniñamente construído por un dedicado amateur a partir de fotografías tomadas durante o voo sobre Dione que en abril de 2012 fixo a sonda robótica Cassini da NASA.

Texto orixinal no APOD.