Nubes lenticulares sobre Washington

Céditos e copyright: Tim Thompson

Explicación: son OVNIs aquilo preto das montañas? Non, son nubes lenticulares en varias capas. O ar húmido obrigado a subir cara os cumios das montañas pode crear nubes lenticulares. As gotas de auga condensan porque o aire húmido arrefría por baixo do punto de orballo, sendo as nubes grupos opacos de gotas de auga. Ondas de ar que normalmente só poden ser olladas horizontalmente poden entón ser vistas verticalmente debido aos diferentes niveis aos que se forman as nubes. Nalgúns días na cidade de Seattle, Washington, Estados Unidos, hai un espectáculo inusual no ceo cando as nubes lenticulares fórmanse preto do Monte Rainier, unha gran montaña a pouco menos de 100 quilómetros da cidade. Esta imaxe dun espectacular grupo de nubes lenticulares foi fotografado o pasado decembro.

Texto orixinal no APOD.