Lúa do cazador sobre os Alpes

Crédito da imaxe e copyright: Stefano De Rosa

Explicación: una posta de Lúa chea pode ser unha vista espectacular do ceo, e as Lúas cheas poden ter moitos nomes. A Lúa chea do pasado outubro, a segunda Lúa chea posterior ao equinocio de outono no hemisferio norte, foi tradicionalmente chamada Lúa do cazador. Segundo a tradición, o nome estalle ben posto porque esta Lúa chea alumea a noite durante o tempo da caza, preparación para os meses do inverno que entra. Nesta escea, a Lúa do cazador da pasada semana brila cunha rica luz amarela, mostrando como chega a alborada aos Alpes italianos. De máis de 11.000 pes, brila o cumio elevado coñecido como Rochemelon, capturando a primeira luz vermella da alborada.

Texto orixinal no APOD.