Rigel e a nebulosa Cabeza de Meiga

Créditos da imaxe e copyrightRogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: dobra e redobra a dura tarefa dura e os problemas; queime o lume e burbullee o caldeiro; quizais Macbeth debía ter consultado á nebulosa Cabeza da Meira. A suxestivamente moldeada nebulosa de reflexión está asociada coa brillante estrela Rigel da constelación Orión. Coñecida máis formalmente coma IC 2118, a nebulosa Cabeza de Meiga abarca uns 50 anos luz e está formada de grans de po interestelar que reflicten a luz estelar de RigelNeste retrato cósmico, a cor azul da nebulosa Cabeza de Meiga e do po que arrodea a Rigel non está provocado só pola intensa radiación azul de Rigel senón tamén porque os grans de po difunden a luz azul de xeito máis eficiente que a vermella. O mesmo proceso físico fai que o ceo diúrno da Terra apareza azul, aínda que os difusores da atmósfera terrestre son as moléculas de nitróxeno e osíxeno. Rigel, a nebulosa Cabeza de Meiga mailo gas e po que as rodean atópanse a uns 800 anos luz de distancia.

Texto orixinal no APOD.