A nebulosa planetaria PK 164 +31.1

Créditos da imaxe e copyright: Fundación Descubre, CAHA, OAUV, DSA, Vicent Peris (OAUV), Jack Harvey (SSRO), PixInsight

Explicación: convertirase nisto o noso Sol? É bastante posible. A burbulla de gas en expansión fotografada arriba é a nebulosa planetaria PK 164 +31.1, os remanentes da atmósfera dunha estrela de tipo solar expulsados mentres o seu suministro de hidróxeno que estaba a manter a fusión no núcleo se esgotou. Visible preto do centro da nebulosa está o que queda do seu propio núcleo; unha estrela anana branca quente e azulada. Esta nebulosa planetaria particularmente fotoxénica amosa intrincadas capas de gas probablemente expulsadas en diferentes momentos no final do deceso da estrela, e cunha estrutura que non se entende de todo. Esta fonda imaxe de PK 164 +31.1 desde o Observatorio Calar Alto en España amosa outras moitas estrelas da nosa propia Galaxia da Vía Láctea así coma varias galaxias afastadas ao lonxe. PK 164 +31, tamén coñecida coma Jones-Emberson 1, atópase a uns 1.600 anos luz de distancia cara a constelación do Lince (Lynx). Debido á súa debilidade (magnitude 17) e brillo superficial baixo, o obxecto é visible só con telescopios de bo tamaño. Aínda que a nebulosa en expansión se apagará durante os vindeiros mil anos, a anana branca central ben pode sobrevivir durante miles de millóns de anos; cando o noso universo poida que sexa un lugar moi diferente.

Texto orixinal no APOD.