A nebulosa planetaria Araña Vermella

Créditos da imaxe e copyright: Carlos Milovic, Hubble Legacy Archive, NASA

Explicación: oh, qué enleada tea pode tecer unha nebulosa planetaria… A nebulosa planetaria Araña Vermella mostra a complexa estrutura que se pode formar cando unha estrela normal expulsa o seu gas exterior e se converte nunha estrela anana branca. Oficialmente clasificada como NGC 6537, esta nebulosa planetaria de dous lóbulos simétricos contén unha das máis quentes ananas brancas xamáis observadas, probablemente parte dun sistema estelar binario. Os ventos internos emanantes das estrelas centrales, visibles no centro, foron medidos en más de 1.000 kilómetros por segundo. Estos ventos expanden a nebulosa, e flúen polas súas capas, formando ondas de gas e po que colisionan. Os átomos capturados nestas colisións emiten a luz mostrada nesta fotografía en cores representativos e procedente do Hubble Space Telescope. A nebulosa Araña Vermella atópase cara a constelación do Arqueiro (Sagittarius). A súa distancia non é ben coñecida pero foi estimada por algúns en preto de 4.000 anos luz.

Texto orixinal no APOD.