Phobos: a lúa condenada de Marte

Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA

Explicación: Esta lúa está condenada. Marte, o planeta vermello así chamado polo deus romano da guerra, ten dúas lúas pequeniñas, Fobos e Deimos, cuxo nomes derivan dos deusde gregos do medo e do Pánico. Estas lúas marcianas ben poderían ser asteroides capturados do cinturón principal de asteroides entre Marte e Xúpiter ou tal vez de distancias máis lonxanas do Sistema Solar. A lúa máis grande, Fobos, óllase como un asteroide cheo de cráteres nesta impresionante imaxe en cor procedente da Mars Reconnaissance Orbiter, grabada a unha resolución de preto de sete metros por pixel. Pero Fobos orbita tan cerca de Marte, a 5.800 kilómetros sobre a súa superficie fronte aos 400.000 kilómetros da nosa Lúa, que as forzas gravitacionais tiran del cara abaixo. En 100 millóns de anos Fobos será destruído pola fatiga provocada polas implacables forzas de marea, e os residuos formarán un anel ao redor de Marte.

Texto orixinal no APOD.