O halo da NGC 6164

Créditos da imaxe e copyright: Don Goldman

Explicación: a fermosa nebulosa de emisión NGC 6164 foi creada por unha rara e quente estrela luminosa de tipo O, unhas 40 veces máis masiva que o Sol. Ollada no centro da nube cósmica, a estrela ten unha idade de só 3 ou 4 millóns de anos. Noutros tres ou catro millóns de anos a estrela masiva rematará nunha explosión de supernova. Abranguindo preto de 4 anos luz, a a mesma nebulosa ten unha simetría bipolar, o que a fai semellante en apariencia ás máis familiares nebulosas planetarias, a mortaxa que arrodea ás estrelas moribundas semellantes ao Sol. Ao igual que moitas nebulosas planetarias, NGC 6164 ten un extenso e debil halo, revelado nesta profunda imaxe telescópica da rexión. O material do halo que se expande na zona interestelar media probablemente formouse nunha fase activa temprana da estrela tipo O. O magnífico panorama estelar é unha composición de datos de imaxes de banda estreita que destacan o gas brillante, e datos de banda ancha dos arredores do campo estalar. NGC 6164 atópase a 4.200 anos luz de distancia ao sur da constelación de Norma.

Texto orixinal no APOD.