A nebulosa de reflexión vdB1

Créditos da imaxe e copyrightAdam BlockMt. Lemmon SkyCenterUniversity of Arizona
Explicación: todo libro ten unha primeira páxina e todo catálogo unha primeira entrada. E por iso, esta encantadora nube cósmica inicia o Catálogo van den Bergh (vdB) de estrelas arrodeadas por nebulosas de reflexión. As nubes de po interestelar reflicten a luz das estrelas achegadas, as nebulosas semellan normalmente azuis debido a que a difusión polos grans de po é máis eficiente para as lonxitudes de onda máis curtas (máis azuis). O mesmo tipo de difusión dálle ao planeta Terra os seus azuis ceos diúrnos. A listaxe de Van den Bergh de 1966 contén un total de 158 entradas que son visibles de xeito máis doado desde o hemisferio setentrional, incluíndo as estrelas do brillante cúmulo das Pléiades e outros obxectivos populares para os astrofotógrafos. Con menos de 5 anos luz de diámetro, VdB1 atópase a uns 1.600 anos luz de distancia na constelación de Cassiopeia. Dúas nebulosas enigmáticas aparecen tamén nesta escena á dereita, que amosan bucles e fluxos asociados cos potentes procesos de formación estelar. No seu interior están as moi novas estrelas variables V633 Cas (arriba) e V376 Cas.

Texto orixinal no APOD.