A Nebulosa Medusa

Créditos da imaxe e copyrightKen Crawford (Rancho Del Sol Obs.)
Explicación: os filamentos trenzados en serpentina de gas brillante suxiren este nome popular da nebulosa; a Nebulosa Medusa. Tamén denominada Abell 21, esta Medusa é unha antiga nebulosa planetaria situada a uns 1.500 anos luz de distancia na constelación de Gemini. Coma o seu homónimo mitolóxico, a nebulosa está asociada a unha transformación espectacular. A fase de nebulosa planetaria representa o estadio final na evolución das estrelas de masa baixa coma o Sol, mentres se transforman por si mesmas desde xigantes vermellas en estrelas enanas brancas quentes e, no proceso, expulsan as súas capas máis externas. A radiación ultravioleta procedente da quente estrela alimenta o brillo nebular. A estrela en transformación da Medusa está preto do centro do conxunto brillante con forma de crecente. Nesta fonda imaxe telescópica, os filamentos máis tenues esténdense claramente cara abaixo e á esquerda da zona crecente brillante. Estímase un tamaño para a Nebulosa Medusa duns 4 anos luz.

Texto orixinal no APOD.