NGC 206 e as nubes estelares de Andrómeda


Créditos da imaxe e copyrightBob e Janice Fera (Fera Photography)
Explicación: a gran agrupación estelar catalogada coma NGC 206 aniña dentro dos brazos poeirentos da veciña galaxia espiral de Andrómeda (M31), a 2,5 millóns de anos luz de distancia. As billantes e azuladas estrelas de NGC 206, que se ven preto do centro  deste marabilloso primeiro plano da parte sudoccidental do disco de Andrómeda, apuntan á súa xuventude. As súas estrelas masivas máis novas teñen menos de 10 millóns de anos de idade. NGC 206, moito máis grande cós cúmulos de estrelas novas do disco da nosa galaxia Vía Láctea, coñecidos como cúmulos abertos ou galácticos, abarca uns 4.000 anos luz. Iso é comparable en tamaño coas garderías estelares xigantes NGC 604 na espiral cercana de M33 e a Nebulosa da Tarántula, na Gran Nube de Magallanes.

.Texto orixinal no APOD.