Nubes mammatus sobre Saskatchewan

Créditos da imaxe e licenzaCraig Lindsay, Wikipedia
Explicación: a parte de abaixo das nubes normais é plana. Isto débese a que o aire morno e húmido que sobe e arrefría condensará en pingas de auga a unha temperatura determinada, que normalmente corresponde a unha altitude moi específica. Mentres as pingas de auga medran fórmase unha nube opaca. Porén, baixo algunhas condicións, poden desenvolverse bolsas de nubes que teñen pingas grandes de auga ou xeo que caen no aire limpo mentres se evaporan. Tales bolsas de aire poden darse no aire turbulento preto dunha tormenta. As nubes mammatus resultantes pode parecer moi espectaculares se son alumeadas desde unha beira.  Estas nubes mammatus fotografáronse sobre Regina en Saskatchewan (Canadá), durante o verán pasado.

Texto orixinal no APOD.