A nebulosa Cabeza de Cabalo

créditos e copyright: Nigel Sharp (NOAO), KPNO, AURA, NSF

Explicación: unha das nebulosas máis identificables do ceo, a Cabeza de Cabalo en Orión, forma parte dunha escura nube molecular de gran tamaño. Tamén coñecida como Barnard 33, a súa inusual forma foi primeiro descuberta nunha placa fotográfica a finais do século XIX. O resplandor vermello provén do gas hidróxeno que predomina detrás da nebulosa, ionizado pola brillante estrela cercana Sigma Orionis. A escuridade de Cabeza de Cabalo está causada principalmente polo denso po, incluso a parte inferior do pescozo do cabalo proxecta unha sombra cara á esquerda. As correntes de gas que xorden da nebulosa están distorsionadas por un forte campo magnético. Os puntos de luz da base da nebulosa Cabeza de Cabalo son en realidade xoves estrelas en proceso de formación. A luz tarda 1.500 anos luz en alcanzarnos dende a nebulosa Cabeza de Cabalo. A imaxe superior foi tirada co telescopio de 0.9 metros do Kitt Peak National Observatory.

Texto orixinal no APOD.